Setembro 2010
L M M X V S D
30 31 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 1 2 3

Axuda Solidaria para Haití

Resulta difícil deixar de pensar que nestes momentos centos de miles de persoas en Haití, na súa inmensa maioría nenos, están sufrindo unha situación terrible que seguramente nin acadamos a imaxinar.
 
O que para nós, cómodamente instalados no primeiro mundo, tan só suporá un pequeno esforzo, para eles será de gran axuda. O próximo venres 22 e luns 25, poranse nas aulas da Escola uns petos para que todos aqueles nenos que desexen aportar unha axuda solidaria poidan facelo. Caben poucas argumentacións para este acto, a simple solidariedade é máis que suficiente.
 
Os fondos que se recaden serán ingresados nunha das contas da “Cruz Vermella” habilitadas ao efecto, e os remitentes da mesma serán os alumnos e alumnas da Escola Rosalía de Castro.
                                
 

                                                Os profesores