Operación Kilo
Venres, 09 Decembro 2016 00:00
Estimados amigos:
Como xa vén sendo habitual dende hai moitos anos por estas datas, o Banco de Alimentos de Vigo solicitou á Escola a colaboración solidaria nunha nova campaña de recollida, a xa coñecida “Operación kilo”.
Serán os alumnos e alumnas de 2º de ESO os que se encargarán de recoller e seleccionar todo o que o alumnado aporte.
Agradecemos que sexan alimentos envasados e con caducidades elevadas por se non se reparten de forma inmediata ( aceite, arroz, pasta, leite, fariña, garavanzos, lentellas, conservas, azucre, productos típicos do Nadal, etc). Evitade no posible os envasados en cristal porque resultan fráxiles á hora do seu transporte.
Durante o luns e martes da seguinte semana (días 12 e 13 de decembro) habilitaremos un espazo para que os nenos e nenas traian o que desexen. Esta é unha acción solidaria que os profesores estimamos como unha parte importante da educación dos nosos rapaces, e dende aquí instámosvos a que nos axudedes a facerlles ver o importante que é compartir con quen o precisa.
Moitas grazas de antemán pola vosa colaboración.
Un saúdo.