Historia da escola

     Aínda que o mellor da nosa Escola está no “día a día”, na tarefa continuada, podemos presumir de antigüidade pois xa son máis de corenta anos ó servizo da educación na nosa cidade. Os nosos estatutos perfilan unha institución educativa sen ánimo de lucro, unha asociación de utilidade pública. Isto significa un investimento constante a prol da calidade.

     O Centro, fundado por Antía Cal Vázquez:

  • comezou a súa andaina o mes de setembro de 1961 de forma provisional na rúa Pizarro.
  • O curso seguinte, xa en 1962, abriu as portas o edificio de Gran Vía,
  • en 1976 se instalou en Pedra-Bembrive, lugar no que se atopa na actualidade.

     Aquí na Escola Rosalía, a palabra escríbese con maiúscula. Unha metodoloxía de traballo na que os nenos participan activamente na súa aprendizaxe, o noso proxecto educativo respecta o ritmo evolutivo de cada neno e nena e o seu modo particular de reacción perante os estímulos externos.

Centrándonos no:

  • desenvolvemento integral,
  • na maduración psicomotriz e
  • nas aprendizaxes significativas,

queremos posibilitar ós alumnos o crecemento global da súa personalidade para que sexan quen de integrarse de forma activa, crítica e responsable na sociedade, contribuíndo ó seu progreso e mellora.

     Un ambiente que proporcione ós vosos fillos seguridade e afecto, unha Escola acolledora para que eles poidan ir construindo unha imaxe axustada e positiva de si mesmos, tendo sempre en conta as diferencias individuais. Unha educación participativa, científica, non sexista, que provoque a análise e constrúa coa crítica en positivo.

     A Escola debe fomentar o desenvolvemento de valores sociais fundamentais:

  • o respecto,
  • a cooperación,
  • a solidariedade,
  • a tolerancia,
  • a igualdade,
  • o amor polos demais...

     Tentando acadar un equilibrio afectivo satisfactorio. Queremos que os nosos cativos e rapaces amosen espíritos abertos, flexibles, creativos e con iniciativa de seu. Un centro aberto, onde os alumnos medren en autonomía persoal, medren en liberdade, medren na responsabilidade. As diferencias de opinión enriquecen, as discusión axudan e os problemas sitúannos na realidade, exterior e interior. Aprender a aprender, un principio fundamental nunha Escola aberta.

     O verdadeiro educador non comunica a verdade senón que ha de dar ós seus nenos a posibilidade e os mecanismos para que queira e saiba atopa-las respostas por si mesmo. O docente non pode nin debe substituir ó neno, ha se-lo guia que o estimule, ten que axudalo a autoestimarse e iso só é posible ó través do exercicio das propias actitudes.

     Unha Escola activa, dinámica, centrada nas persoas, un lugar disposto ó modos de sentir e actuar do alumno. Na reflexión permanente sobre a acción educativa, as Aulas de Apoio cumpren un papel primordial. Se respecta-la diversidade é elemental, para nos é aínda máis importante elimina-la desigualdade. Cómpre potencia-lo esforza ofrecendo conductos para esgotar tódalas posibilidades. As Aulas de Apoio artéllanse avaliando as dificultades dos alumnos, é unha tarefa personalizada e adaptada a cada necesidade.

     A tecnoloxía non determina o contido da educación. O determinante é “cómo e para qué” a empregamos, nós defendemos un uso racional e razonable da vangarda, que non esqueza o protagonismo do ser humano por encima de todo. Perseguimos formar solidamente o desenvolvemento cognitivo para escolle-las canles a través das que buscamos a información e así a súa aplicación. Antes, aquilo que os alumnos aprendían na escola servíalles para un período longo da súa vida, hoxe sabemos que a renovación debe ser constante.

    Entendemos que a difícil tarefa de educar ten que ser compartida, por iso a Escola Rosalía impulsa a participación, a cooperación e a responsabilidade compartida dos pais cos profesores. Canles de comunicación abertos e constantes, titorías, reunións periódicas, colectivas e individuais.

    “A educación non consiste en guiar sen cesar ó neno, a quen non se lle pide máis que docilidade. Educar consiste esencialmenteen facer do neno un ser razonable e autónomo”.

Dr. André Berge.