Reunión Informativa: Viaxe a Irlanda

 
          Como sabedes, a Escola foi dende os seus inicios pioneira na educación da Lingua Inglesa e dispoñemos de experiencia na organización de cursos no estranxeiro. Este ano, avalada polos bos resultados obtidos os últimos cursos e o interese mostrado polas familias e alumnos, planificamos, en colaboración con Irelandroute e Zonda Viaxes, un curso de verán de tres semanas (1 ao 22 de xullo) en Irlanda para alumnos entre 12 e 18 anos con voo directo dende Santiago.

Co fin de manter un trato persoal, ofrecémosvos novamente un curso nun pobo próximo a Dublín: Bray. Situado no límite norte do condado de Wicklow. A súa poboación é de aproximadamente 20.000 habitantes. Esta circunstancia permitirá que os nosos alumnos e alumnas participen na vida cotiá do pobo e desenvolvan outras actividades para a aprendizaxe de inglés.

Kieran Farrell, director de "Bray Language Centre", dispón de ampla experiencia na recepción de alumnos estranxeiros e organización de cursos de inglés. Ofrece un amplo programa de actividades didácticas que, xunto coas clases, nos asegura unha atención individual que repercutirá na obtención duns mellores resultados.

Para unha información máis completa podedes poñervos en contacto coa Escola. Así mesmo, invitámosvos a asistir a unha reunión informativa que se celebrará o próximo xoves, día 27 de febreiro, ás 19:30 horas nas instalacións da Escola (Estrada de Bembrive, 91 Vigo).

Un cordial saúdo,
A Xunta Directiva

http://escolarosaliadecastro.edu.es/index.php?option=com_content&view=article&id=320&Itemid=252