Suspensión de clase

A Dirección Xeral de Protección Civil informa, mediante un parte emitido ao efecto, que no

día de mañá a Comunidade Autónoma verase afectada por un episodio de meteoroloxía
adversa motivado por fortes ventos que cualifica de nivel laranxa (risco importante),
circunstancia que aconsella a adopción de medidas urxentes para a protección da
comunidade educativa.
Diante de tal alarma, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria acordou a
suspensión de toda actividade escolar nos centros educativos de ensino non universitario de
toda Galicia, durante toda a xornada lectiva do luns, 9 de febreiro.

http://www.edu.xunta.es/AVISO/notificacion_oficial.pdf