Axudas Inmersión lingüística


As axudas están orientadas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega. Os pasos que teríades que dar para solicitar a axuda (só on-line) son:
Entrar no web do programa, http://www.edu.xunta.es/axudasle
1. Ler a orde de convocatoria que atoparás no web.
2. Entrar na sección “2. Solicitar axuda” e cubrir o formulario.
3. Rexistrar a solicitude e despois imprimila.
4. A solicitude e os anexos teñen que ser asinados polo teu pai/nai ou titor/a e polo director/a do teu centro. Despois terás que remitirnos os orixinais.
5. Fotocopiar a documentación complementaria que tes que entregar e compúlsala.
6. Presentar a solicitude, anexos e fotocopias compulsadas nun rexistro único ou envíalas por correo, tal e como se indica no artigo 3º da convocatoria.
 
A documentación que tes que presentar
- Anexo I, dependendo do curso no que esteas matriculado. Ten que estar asinado.
- Anexo II. Ten que estar asinado polo pai/nai, titor/a legal.
- Anexo III. Ten que estar asinado.
- Anexo IV, no caso de familias nas que conviva co alumnado un só proxenitor, asinado. Acompañarase da xustificación documental das circunstancias alegadas.
- Certificación académica do curso 2007-2008.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar.
- Fotocopia do DNI/NIE do pai, da nai ou do/s titor/es legais e do alumno ou alumna.
- Fotocopia compulsada de todas as follas cubertas do libro de familia.
 
Outra documentación, de ser o caso, para circunstancias familiares especiais:
- Fotocopia compulsada do título de familia numerosa en vigor.
- Fotocopia compulsada do certificado de minusvalía.
 
Publicación da relación de solicitudes coa documentación correcta, incorrecta e excluídos
 
Comproba periódicamente na páxina do programa http://www.edu.xunta.es/axudasle
- A relación de solicitudes coa documentación correcta, incorrecta e excluídos publicarase no web da convoca­toria, no taboleiro de anuncios da Consellería de Educa­ción e Ordenación Universitaria (edificio administrativo de San Caetano), na Consellería de Presidencia (Oficina de atención ao Cidadán) e remitirase para a súa publica­ción ás delegacións provinciais e aos centros de ensino.
Terás un prazo de 10 días, despois da publicación, para emendar erros e presentar a documentación requirida, que poderás consultar, mediante identificación do DNI, no web da convocatoria. De non presentar a dita do­cumentación, as condicións alegadas e non xustificadas non serán tidas en conta.