Reforma do Camiño de Loureiro, Por fin!

 

Tras moitos meses de xestións aquí e alá, duns e doutros, esta semana a reforma do Camiño de Loureiro semella ser xa unha realidade. A obra concedida polo Concello a Movex Vial, consistirá no asfaltado e construción dunha beirarrúa, previa canalización das augas pluviais, no lateral de acceso á Escola.
 
Dado que estamos en contacto permanente coa empresa, se fora preciso, no momento no que se bote o asfalto e o acceso habitual estívese interrompido, poríamonos en contacto con vós para trasladar a entrada e saída dos nenos a porta dos patios. Agardamos que non sexa necesario. 
 
Estamos seguros que esta actuación do Concello facilitará a entrada aos pais, alumnos e profesores. En calquera caso queremos darvos as grazas pola permanente colaboración á hora de recoller e deixar aos nenos.
 
Asi e todo cómpre non esquecer que a precaución nas manobras de vehículos é fundamental para minimizar os posibles riscos.
 
Non quixera deixar de agradecer as xestións realizadas por pais e membros da Xunta Directiva, así como as intervencións do alcalde pedáneo e o alcalde de Vigo. Grazas a todos.
 
Ángel Peteiro.