Apertura CMUS

Como sabedes dende fai uns anos a Asociación está a colaborar co Conservatorio Profesional de Música de Vigo, especialmente nos premios David Russell. Nesta ocasión  Isabel Figueroa, Directora do CMUS Profesional, tivo a amabilidade de invitarnos ó Concerto de apertura do curso académico 2008 - 09, que terá lugar o vindeiro día 2 de outubro ás 20:30 h. no Auditorio “David Russell” do Conservatorio Profesional de Vigo.

O concerto correrá a cargo do “Ensemble Vigo 430”, que contará coa presencia de dous solistas de auténtico luxo como son Alejandro Garrido (Violín solista e Director) e David Quiggle (Viola). O  programa a interpretar será o seguinte:

·         Mozart: Sinfonía Nº29
·         Shostakovich: Preludio e fuga
·         Mozart: Sinfonía concertante para violín e viola