Comenzo do prazo de inscrición nas actividades

Este curso a Asocación renova un ano mais parte da súa proposta de actividades para o curso 2008/2009. Na web poderedes atopar información sobre cada unha delas: obxetivos, contidos, material, prezo, etc.  Como veredes este ano propoñémosvos varias actividades novas que se impartirán en inglés, chinés e francés que agardamos sexan un éxito.
 
Cada unha das actividades en idiomas, está adaptada a idade e, de un xeito lúdico, involucrarase  aos nenos activamente na aprendizaxe do idioma a través de xogos, cancións e contos, onde o propio idioma é o único obxetivo.    Ademáis de fomentala expresión oral e  facilitalo coñecemento da cultura do país  e as súas costumes.
 

O prazo de inscrición nas actividades, xestionadas todas elas por Koremi, s.l. e Global Project,  será do 16 ao 22 de setembro