Proceso de Admisión para o curso 2019-20.

  Informámosvos de que o prazo de “Solicitude de praza” de novo ingreso para o vindeiro curso 2019-20 será dende o día 1 ao 20 de marzo. Achegámosvos uns arquivos Pdf co ANEXO II  e para presentar a solicitude na Secretaría da Escola.

 
Ademáis, co fin de facillitar o cálculo das posibles puntuacións no caso de ter que baremar, por ter máis solicitudes que prazas ofertables, agradecémosvos que xunto coa solicitude acheguedes tamén a seguinte documentación:
 
  •  Fotocopia do D.N.I. do neno ou nena ou no seu caso fotocopia do Libro de Familia onde estea asentado o neno ou nena. En caso de ter irmáns no centro a fotocopia será do Libro de familia completo.
     
  • Certificado do Padrón Municipal da unidade familiar para adxudicación de puntos por proximidade de domicilio, se fose o caso (antigüidade mínima dun ano).
  •  No caso de proximidade do lugar de traballo do pai/ nai a achega dun documento expedido polo empregador/a xunto cunha copia do contrato de traballo. O centro de traballo deberá estar determinado nunha localidade e enderezo concreto .
     
  •  Calquera outra documentación acredidativa para a adxudicación de puntos por outros conceptos recollidos dentro da normativa vixente (certificación de familia numerosa, minusvalías, etc...)
 
Aproveitamos a ocasión tamén para informarvos que a circunstancia correspondente ao “Criterio complementario do centro” é a que se indica a continuación:
 
  • Que o pai/nai sexa antigo alumno/a do centro (documentable polo propio Centro)
 
 
No seguinte enlace, recóllese o resultado do sorteo público anual das letras de prioridade para resolver os empates no procedemento de admisión do alumnado para o vindeiro curso 2019-20, que se celebrou o día 27 de febreiro.
 
Incluimos tamén a explicación recibida dende a Inspección de Educación sobre ditas letras:
 
“No caso de chegarse a determinar a orde polo resultado do sorteo, utilizarase a orde alfabética dos apelidos a partires das letras que se determinen no sorteo, neste caso, sairon para o primeiro apelido as letras “EC”, de xeito que se irán recorrendo todos os apelidos e cando se chegue ao “EZ” o seguinte será “FA” e non “EA”. Non serán tidas en conta as preposicións, conxuncións ou artigos que precedan aos apelidos.”
 
 
 

             Un cordial saúdo.
 
                                                       A Administración